Instalacións da entidade

O centro atópase situado nas marxes do concello de Hospitalet de Llobregat, na rúa Santa Eulàlia con Rise Branca. Na concurrencia destas dúas rúas xorde unha casa rural, patrimonio do Concello de L’Hospitalet e que foi cedido á nosa entidade para poder desenvolver todas as actividades que realiza.

Dentro desta gran casa podemos atopar varios espazos dedicados aos socios da entidade e aos diferentes ensaios e actividades que se realizan como son o baile, banda, canto, percusión… así como unha oficina, unha biblioteca, sala de Informática e unha gran sala de socios onde poder gozar de todos os equipamientos.

Sala de socios

A sala de socios ten lugar na planta media da entidade, está formada de diferentes mesas, cadeiras, televisión, minicadena completamente equipada, e aire acondionado entre outras cousas.

Nesta sala é onde a maioria dos socios pasan o seu tempo, xa que nela poden realizar diferentes actividades, como xogar ás cartas, ao dominou, ver a televisión, escoitar a radio e demais variedades que a sala ofrece.

Nela tamén é onde se celebran diferentes eventos, como o magosto, ou diferentes festas que a entidade ofrece.

Biblioteca

Instalacións da entidade

A Biblioteca é unha das salas máis importantes que ten a Casa Galega, debido a que nela é onde se realizan os cursos de Galego, e onde a xente pode pasar o intre lendo ou buscando información debido ao gran número de libros e enciclopedias que posúe.

Posúe varios ordenadores conectados á rede para dar soporte ás diferentes clases.

Sala de baile e banda

Esta sala esta ubicada na planta de abaixo, á beira do Bar, dispón dun espello de dimensións considerables para poder facilitar as clases aos profesores e aos alumnos.

Esta clase utilízase tambien para os ensaios das bandas da entidade debido ás súas dimensións e á súa sonoridade.

Sala de canto

Neste sala é onde se practica canto e pandereta, está situada na planta media, aínda que ambas poden ir cambiando de sala se o horario lles coincide. A outra sala está situada na parte alta da Masia.

Sala de percusión

A sala que adoitan utilizar os tambores e bombos se situa na parte alta da Masia. Aínda que como nas clases de canto e pandereta adoitan ir alternándose coa banda, debido ao tipo de ensaio que realizan.

Sala de Instrumentos

Esta sala atópase na parte baixa do local, á beira da sala de Baile – Banda. Nesta habitación é onde se gardan todos os instrumentos da Entidade desde todas as gaitas (35- 40 gaitas almacenadas), tambores de alta tensión, tambores tradicionais, bombos, panderetas e demais instrumentos.

Á súa vez tamén se atopan vestimentas típicas galegas almacenadas nun armario que posúe esta sala.