O grupo Brétema da Casa Galega de L´Hospitalet iniciouse no ano 1987. O grupo Brétema leva participando en numerosos eventos dentro e fóra de Cataluña. Dentro de Cataluña ten acadado importantes premios no concurso de música e baile tradicional de Cataluña desde o ano 2000.
Fóra de Cataluña o noso máximo galardón foi en 2004 cando quedou campión da categoría D do concurso de Xacarandaina, organizado por Xacarandaina. Tamén ten participado nos diferentes anos xacobeos que se celebran en Santiago de Compostela.
Tamén participou en diferentes actos festivos en Guingamp – Francia, no ano 1999. Nas seguintes imaxes podemos ver algunhas das actuacións.