Celebran importantes actos culturais e festividades que recordan as festas máis tradicionais da Galicia ancestral, así como efemérides e eventos que permitan unha máis levadeira estadía dos residentes.

Destacan sobre todo a celebración das Romarías onde se dá cita numerosísimo público que participa nos festexos que se desenvolven no recinto e que son organizadas tanto polo propio Hogar como por outros centros e institucións galegas.

Merece especial mención o labor que leva a cabo a subcomisión de xuventude, que visita periódicamente ás persoas da residencia, entreténdoos con xogos e vídeos, e a de damas que supervisa o coidado dos anciáns e se responsabiliza de preparar e organizar a celebración dos cumpreanos dos internados; tamén organizan os xa tradicionais “Tés Canasta» con desfile de modelos para a obtención de fondos.

O centro edita unha publicación propia chamada “Revista del Hogar” na que se reflicten as actividades, obras, proxectos e outras festas que organiza e realiza o centro. É de destacar a súa importante biblioteca que conta cun número importante de volumes escritos en galego.

Diversas entidades galegas asentadas en Bos Aires celebran actos e eventos co fin de recadar fondos para o Hogar Gallego para Ancianos, manténdose todavía vivo aquel espirito de “buenos sentimientos y caridad de los hermanos gallegos”, tal e como consta na acta fundacional do centro.

A Xunta de Galicia ven realizando moitas accións e programas a favor desta institución, tendo gran importancia os cursos de formación e terapia ocupacional que fan que os maiores non perdan as súas habilidades ou inclusive que poidan recuperar aquelas deterioradas.